|
Unha rede de intercooperación é un conxunto de cooperativas que traballan conxuntamente para obter uns determinados resultados compartidos. Intercooperar implica transmitir coñecemento experiencias e intercambio de servizos permitindo fortalecer e enriquecer o texido cooperativo e a economía social en xeneral. |
No ámbito da innovación intercooperar tamén significa transmitir e compartir coñecemento no marco dun proxecto común de I+D+i para obter uns resultados que sexan beneficiosos para ambos.
Dinamización das redes de intercooperación en materia de I+D+I:
|
19/12/2011 - 06/03/2012
O obxectivo da Rede de Valorización de Residuos agrarios é o de analizar problemáticas comúns a cooperativas agrarias e gandeiras no relativo á xestión dos residuos orgánicos e inorgánicos.
|
23/12/2011 - 20/03/2012
Como obxectivos da rede está crear un marco de relación entre cooperativas do sector do ensino e outros como son os sectores TIC e o editorial. Así mesmo buscarase manter un marco que permita analizar a situación actual e as problemáticas en canto a incorporación ou implementación das TIC no ensino.
|
31/01/2012 - 04/04/2012
O obxectivo desta rede e analizar as problemáticas das cooperativas participantes nas súas estratéxias innovadoras na xestión comercial. Ademáis, tratarase o comercio electrónico como canle de comercialización: B2C, B2B.
|
||
|
07/02/2012 - 18/04/2012
A través desta rede búscase identificar proxectos innovadores de eficiencia enerxética e realizar un análise de inciativas autonómicas ó respecto de proxectos deste tipo.
|
14/02/2012 - 01/05/2012
Mediante esta rede analizarase a situación actual dos sistemas de información en cooperativas e necesidades software de xestión das cooperativas co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de sistemas de información de interés para o conxunto de cooperativas participantes.
|
28/02/2012 - 15/05/2012
O obxectivo da rede é deseñar distintos proxectos de innovación que redunden en novos productos potenciando as propiedades funcionais dos mesmos analizando á súa vez nichos de mercados de produtos saudables.
|
||