![]() |
|
|
|
O proxecto I+D+I nas cooperativas galegas |
DESTACADO: Descargar o Plan estratéxico para o Cooperativismo. (PDF: 3.5 Mb) Descargar a presentación do proxecto. (PDF: 294 Kb)
|
||||||||
| A Consellería de Traballo está actualmente poñendo en marcha actividades de promoción do cooperativismo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia mediante o impulso da investigación, do desenvolvemento tecnolóxico e da innovación, contempladas dentro das liñas de actuación do Plan Estratéxico para o Cooperativismo.
O Plan reflexiona sobre a necesidade de facer un esforzo por impulsar a investigación en materia cooperativa e dar pulo ás diferentes actuacións en materia de I+D+I tendo en conta a especificidade cooperativa, favorecendo o intercambio de experiencias e fomentando a transferencia de coñecementos tanto no seo da cooperativa como a través das relacións de intercooperación. Co obxecto de impulsar a execución destas liñas de actuación, é necesario levar a cabo actividades de impulso da investigación, do desenvolvemento tecnolóxico e da innovación, que deseñen accións, programas e proxectos operativos e contemplen a súa posta en marcha, asistencia técnica e acompañamento inicial. |
||||||||||
| Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Relacións Laborais. Rúa San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela |
Aviso legal | Suxestións info@innovacioncooperativas.com |