Investigación, desenvolvemento e innovación nas cooperativas galegas

  Dirección Xeral de Relacións Laborais


O proxecto

Documentación
Cursos e-learning
Casos de éxito
Actualidade
Novas
Eventos
 

Novas

24/01/2010.- Outra forma de impulsar a innovación
El País

Nestes momentos de crises en que é verdadeiramente urxente atopar novas fontes de riqueza, a innovación pasou a ser unha cuestión preferente en toda política pública ou empresarial, e non parece xa suficiente confiar só na empresa para obter o máximo beneficio do coñecemento para o desenvolvemento económico.



22/01/2010.- Unha empresa galega estuda a viabilidade de instalar aeroxeneradores en edificios urbanos
Europa Press

Unha empresa galega, Vicus Desarrollos Tecnológicos, estuda a viabilidade de instalar aeroxeneradores en azoteas, telaldos ou fachadas de edificios urbamos, unha solución cuxa ”principal vantaxe” sería que ”o punto de xeración e o de consumo son o mesmo”. Nun comunicado, a empresa, que tamén apunta a instalacións en buques, explicou que colabora coa compañía de enxeñería Larpro Engineering S.L. neste proxecto, que pretende establecer cales serían os mellores lugares para estes aproveitamentos urbanos, a altura necesaria ou o potencial de mellora se se depura o deseño da cuberta.



22/01/2010.- Unha investigadora galega crea un sistema de alerta temprana para as plagas de gasterópodos
La Voz de Galicia

O chan de Galicia recibe cada ano 183 toneladas de pesticidas destinados exclusivamente a combatir as plagas de gasterópodos (caracois e babosas) que atacan a todo tipo de cultivos, incluidas as vides. É unha solución eficaz para evitar os danos á agricultura e incluso á gandería, pero con contrapartidas: son tóxicos e moi agresivos, co que tamén se levan por diante a outros aninais necesarios para manter a cadea trófica. A través do estudo da abundancia e actividade biolóxica dos animais, establecido a partires de mostras de chan e de trampas, a investigadora deseñou un método que permite pronosticar con antelación a aparición de caracois e babosas, o que posibilita racionalizar o uso de molusquicidas e empregalos únicamente cando a súa eficacia é maior.



21/01/2010.- O viño galego vaise á procura das redes sociais
codigo Cero

O viño galego non coñeceu fronteiras, e no caso de telas coñecido, xa quedan poucas por tirar abaixo. Ademais, aos aliados de sempre (os que levan anos confiando na boa calidade do que sae das nosas viñas) se lle están a sumar cada pouco outros aliados, e mesmo algúns directamente relacionados coa sociedade dixital



21/01/2010.- Científicos do CSIC en Galicia establecen os principais aspectos sobre os que intervir na industria mexilloneira para optimizar a produción con criterios de sostibilidade
CSIC

No marco dun proxecto de investigación industrial con PROINSA, realizaron un estudo integrado na ría de Ares-Betanzos durante 4 anos. Entre outros aspectos, estimaron a capacidade de carga da ría en canto ao cultivo de mexillón en batea; caracterizaron as zonas con aproveitamento industrial e elaboraron un modelo preditivo de peches extractivos por mareas vermellas.



19/01/2010.- Navarra, País Vasco, Cataluña e A Rioxa, as comunidades autónomas máis innovadoras
NavarraInnova

Navarra, País Vasco, A Rioxa e Cataluña destacan como as comunidades autónomas máis innovadoras, mentres que Ceuta, Melilla, Baleares e Canarias sitúanse á cola, segundo un ranking elaborado por Expansión.com sobre datos do estudo "O investimento en I+D+ i en España" da escola de negocios EAE.



15/01/2010.- Feijóo presenta o plan re-Forza 2010 da Xunta, destinado a acadar unha maior competitividade das empresas, favorecer a súa internacionalización e reducir ata 45 días o tempo para resolver as solicitud
Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe os tres obxectivos sobre os que vai versar a actuación do Igape neste ano, destinados a acadar unha maior competitividade das empresas galegas, favorecer a súa internacionalización e axilizar “ao máximo” o tempo de resposta ás solicitudes. Así se desprende do Plan re-Forza 2010 do Igape que esta mañá expuxo ao Consello a Consellería de Economía e Industria.



13/01/2010.- Só o 12% do fondo do novo Plan E vaise a innovación
El País

Son datos provisionais, pero marcan a tendencia cara a onde van ir os 5.000 millóns de euros do Fondo para o Emprego co que o Goberno quere impulsar este ano a nova economía, a que leva a etiqueta de sustentable. O vicepresidente Manuel Chaves anunciou onte que até o momento aprobáronse 267 proxectos. E que destes, só o 11,8% tratan de fomentar a innovación, as novas tecnoloxías e a administración electrónica. Falta menos dun mes para que o próximo 4 de febreiro conclúa o prazo para que os concellos presenten as súas ideas, pero Chaves augura que o goteo de solicitudes aumentará a partir de agora de forma "exponencial".



30/12/2009.- Descobre Galicia cóase entre os portais europeos máis innovadores
La Voz de Galicia

A firma pontevedresa Factoría Eurodigital, distinguida entre 1.500 proxectos pola súa creatividade e innovación



28/12/2009.- O Igape inxecta 11,6 millóns para que as pemes invistan en innovación
El Correo Gallego

A Consellería de Economía e Industria concedeu, a través do sistema de concorrencia competitiva e do Igape, 11,63 millóns de euros destinados ao desenvolvemento de 264 proxectos de investimento para a innovación e a mellora tecnolóxica das pemes e das iniciativas marcadas no programa Innoempresa 2009. Todos estes plans apoiados polo Igape, terán como beneficiarias a 1.068 empresas.



« anterior 1 | 2 | ...2 | ...35 | 36 siguiente »

 
Consello Galego de Cooperativas Consello Galego de Relacións Laborais
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo. Dirección xeral de relacións laborais.
Rúa San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela
Aviso legal | Suxestións
info@innovacioncooperativas.com