![]() |
|
|
|
Novas 16/02/2010.- Un equipo de cinco científicos da USC desenvolverán un preparado de froitas para persoas maiores Un equipo de cinco científicos do Instituto de Investigación e Análises Alimentarias da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolverán unha serie de proxectos vinculados á procura de alimentos funcionais, entre os que se atopa a procura dun preparado de froitas para persoas maiores. 12/02/2010.- Caixa Galicia investiu 12 millóns en I+D+i en 2009 e achegou o 4,2% do gasto total realizado polas empresas en 2008 Caixa Galicia investiu 12 millóns de euros en Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i) durante o exercicio pasado e achegou o 4,2 por cento do gasto total realizado neste ámbito polas empresas privadas da Comunidade galega en 2008, segundo a información publicada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). En total, esta última cifra ascendeu a 280 millóns. 11/02/2010.- Ciencia aumentará as axudas ás empresas que invistan en I+D xunto a firmas extranxeiras O Executivo está disposto a ofrecer apoio financeiro ás empresas e organimos científicos que participan en proxectos de I+D+i de xeito conxunto con outras compañías extranxeiras. Así o anunciou onte o secretario xeral de Innovación, Juan Tomas Hernán, ao sinalar que o Ministerio de Ciencia e Innovación proporá ao Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), dependente desa mesma carteira, unha mellora substancia das condicións aplicables aos programas de I+D+i en cooperación con outros países. 04/02/2010.- O CDTI aproba 132 novos proxectos de I+D e Axudas Neotec O Consello de Administración do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) aprobou onte 132 novos proxectos de I+D e Axudas NEotec cuns compromisos de financiamento público por valor de 69,73 millóns de euros. Ditos proxectos e axudas mobilizarán un investimento total que ascende a 104, 09 millóns de euros. 03/02/2010.- Segunda edición dos Premios Innovación de ‘Muy Interesante’ O xurado destes premios aos produtos innovadores de 2009, divididos en 10 categorías e presidido polo divulgador científico Ramón Núñez, celebrou o acto de entrega, presentado por Eduardo Punset, que tamén formou parte do xurado. 02/02/2010.- Agroamb evoluciona unha rede de cisternas de valorización agrícola a través dun novidoso sistema informático A empresa galega Agroamb Prodalt evoluciona un sistema de valorización agrícola para aproveitar o purín das explotacións gandeiras a través dun novidoso programa informático que se empregará para a xestión dunha rede de cisternas que se colocará en A Terra Chá. A encargada de actuacións de I+D de Agroamb, Josefa de León, sinalou que o proxecto baséase nun sistema informático que permite recoller datos ”en tempo real” para crear puntos de abastecemento cunha xestión ”eficiente e desatendida” das balsas de almacenamento. 02/02/2010.- Economía e Industria destina máis de 16 millóns de euros á contratación de investigadores e tecnólogos A Consellería de Economía e Industria vén de destinar máis de 16 millóns de euros ao financiamento de 246 novos contratos para a incorporación laboral de investigadores e tecnólogos a universidades e outros centros de investigación, segundo explicou hoxe o director xeral de I+D+I, Ricardo Capilla, nunha roda de prensa celebrada en Santiago de Compostela. O investimento, procedente dos Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de I+D+I, supón a transferencia de fondos aos organismos científicos para que realicen eles mesmos as contratacións. 29/01/2010.- O Ministerio de Innovación achegará 69,7 millóns en axudas para I+D e empresas tecnolóxicas O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, aprobou onte 132 novos proxectos de I+D e axudas Neotec, para empresas de base tecnolóxica. 29/01/2010.- Innovate mostra en Vigo as últimas innovacións tecnolóxicas Vigo acolle desde onte a carpa "Innovate", converténdose na primeira cidade española en mostrar os últimos avances tecnolóxicos que propón Telefónica. Está situada na chaira do Náutico até mañá, en horario de 10 a 19.30 horas. 26/01/2010.- O Concello de Ourense obtén fondos europeos para promocionar a innovación nas empresas O Concello de Ourense anunciou onte que recibirá fondos europeos para a promoción da innovación ecolóxica das empresas ourensás. Segundo avanzaron nunha rolda de prensa, o concelleiro de Economía, Agustín Fernández, e o director xeral de Emprego, José Anxo Vázquez Barqueiro, o proxecto desenvolverase durante tres anos e suporá un investimento de 1,4 millóns de euros. Desa cantidade 933.000 euros, o que supón o 65% do total serán achegados polo programa europeo Feder. |
|||||||||
| Xunta de Galicia. Consellería de Traballo. Dirección xeral de relacións laborais. Rúa San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela |
Aviso legal | Suxestións info@innovacioncooperativas.com |