O proxecto

60 O Plan Estratéxico Galego para o Cooperativismo recolle, dentro das distintas liñas de actuación para a promoción e fomento do cooperativismo na comunidade autónoma, o impulso á investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación no sector cooperativo, que son factores determinantes para a supervivencia das empresas. As cooperativas non poden ser alleas a este proceso.

Dende a Consellería de Traballo quere, polo tanto, impulsar a investigación en materia cooperativa e dar pulo as diferentes actuacións en materia de I+D+i, tendo en conta a especificidade cooperativa, favorecendo a creación de proxectos de cooperación, o desenvolvemento de proxectos comúns, o intercambio de experiencias e fomentando a transferencia de coñecementos tanto no seo da cooperativa como a través das relacións con outros axentes do Sistema Galego de Innovación.

Trátase dunha acción que se encadra dentro do PROGRAMA OPERATIVO DO FONDO SOCIAL EUROPEO 2007-2013, en concreto no Eixe 4: "Promover a cooperación transnacional e interregional“.