![]() |
|
|
|
Descargas Casos de éxito. Experiencias piloto de innovación nas cooperativas galegas. Proximamente estarán disponibles os casos de éxito presentados polo proxecto I+D+I nas cooperativas galegas. Cada un deles mostra un exemplo real de innovación aplicado a unha cooperativa galega. Nestes intres estase a traballar nos casos das cooperativas PASSCO, FEIRACO e COLEXIO GUILLELME BROWN. Descargar o díptico dos casos de innovación: (PDF: 2.4 Mb) Informe de diagnose de capacidades e necesidades en materia de I+D+I. O informe resume as actuacións da fase 1, de diagnose, que perseguía como obxectivos principais, analizar a situación do movemento cooperativo en relación coa I+D+I e a identificación de liñas e/ou proxectos colaborativos en materia de I+D+I nos distintos sectores abordados. A metodoloxía levada a cabo para a caracterización e identificación de proxectos consistiu no análise de información secundario, deseño da estrutura das entrevistas e realización de entrevistas persoais e a realización, envío e análise da enquisa. Os resultados do informe poden verse a continuación. Descargar o informe: (PDF: 5.68 Mb) Guía práctica a importancia da I+D+I nas cooperativas e empresas de traballo asociado. A guía ou monográfico sobre a I+D+I recolle información extensa sobre a innovación, os tipos de innovación, fontes de información para a innovación, xestión dos porcesos de innovación, ferramentas de soporta á innovación como pode ser o benchmarking, o brainstorming... O monográfico tamén recolle outros recursos de soporte á innovación, as fontes de financiamente ou a importancia da xestión da protección de resultados. Por último o monográfico conta cunha serie de exemplos reais de innovación levados a cabo nas cooperativas de Galicia. Entre eles atópanse os casos de PASSCO, FEIRACO, COREN, COFANO, AMEGROVE, MAR DE LIRA e COGAPROCA. Descargar o monográfico: (PDF: 6.6 Mb) |
|||||||||
| Xunta de Galicia. Consellería de Traballo. Dirección xeral de relacións laborais. Rúa San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela |
Aviso legal | Suxestións info@innovacioncooperativas.com |