Investigación, desenvolvemento e innovación nas cooperativas galegas

  Dirección Xeral de Relacións Laborais


O proxecto

Documentación
Publicacións
Descargas
Curso on-line
Casos de éxito
Actualidade
Intranet

Publicacións

• Plan estratéxico para o cooperativismo.

O Plan estratéxico para o cooperativismo vén facer realidade a aposta da Administración autonómica polo emprego de calidade, así como pola promoción do espírito emprendedor. O Goberno galego quere deste xeito incorporar os valores que impregnaban a primeira Lei de cooperativas de España, nacida xa nun marco de liberdades, e que establecía no seu preámbulo que os progresos da cooperación teñen que ser fundamentalmente obra dos cooperadores mesmos, correspondéndolles aos poderes públicos a tarefa de fomento e, sobre todo, da apertura das canles axeitadas para que ese progreso se produza sen atrancos innecesarios.

Descargar o monográfico: (PDF: 6.6 Mb)


• Libro blanco das cooperativas.

No libro se sintetizan as realidades do cooperativismo galego e se proxectan as súas potencialidades. Avánzanse tendencias e ofrécense análises que no futuro máis próximo contextualizarán, xunto coas conclusións achegadas no propio III Congreso, a planificación e desenvolvemento das actuacións da Xunta de Galicia e do Consello Galego de Cooperativas neste eido, singularmente na área de fomento. Ao mesmo tempo poderá servir como elemento orientador das distintas actuacións que poida realizar a administración local, no ámbito das súas competencias, así como outras entidades públicas ou privadas.

Descargar o informe: (PDF: 5.68 Mb)


• Informe de síntese 2005. Cooperativas de Galicia.

O informe como unha introspección no coñecemento da realidade do cooperativismo galego, para que a súa translación permita seguir a traballar conxuntamente a todos os que perseguimos obxectivos comúns, no deseño do cooperativismo
galego do futuro. O informe analiza as cooperativas dende unha perspectiva xeral, un análise económico-financeiro e o papel do desenvolvemento institucional-políticas públicas-asociacionismo.

Link de descarga.

 
Consello Galego de Cooperativas Consello Galego de Relacións LaboraisAxudas 2008 as cooperativas galegas
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo. Dirección xeral de relacións laborais.
Rúa San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela
Aviso legal | Suxestións
info@innovacioncooperativas.com