Investigación, desenvolvemento e innovación nas cooperativas galegas

  Dirección Xeral de Relacións Laborais Xacobeo


O proxecto

Documentación
Cursos e-learning
Casos de éxito
Actualidade

Cursos e-learning

Na sociedade da información e do coñecemento a innovación permanente convértese na única fonte de vantaxe competitiva. Os cambios tecnolóxicos e a globalización de mercados introducen novos retos para calquera empresa, e as máquinas e os coñecementos fican obsoletos con maior rapidez. A investigación, a innovación, a creatividade e a xestión do coñecemento son factores determinantes para a supervivencia das empresas, e as cooperativas non poden ser alleas a este proceso.

Estamos a preparar os cursos para 2010, que se impartirán a través dunha plataforma online de e-learning. Esta modalidade de formación ofrece vantaxes como a autonomía da aprendizaxe, xa que permite que cada participante avance ao seu propio ritmo, e o material didáctico está elaborado especificamente para facilitar a comprensión e o estudo. Os contidos estarán accesibles en breve.


Consello Galego de Cooperativas Consello Galego de Relacións Laborais
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Relacións Laborais.
Rúa San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela
Aviso legal | Suxestións
info@innovacioncooperativas.com