|
|
Durante a realización do proxecto, preténdese axudar a asociacións cooperativas e cooperativas que así o soliciten, cun asesoramento continuo e coa titorización de proxectos concretos de innovación
|
Este apoio tradúcese no impulso a distintas iniciativas que poidan xurdir dentro das cooperativas galegas, de cara a mellorar a súa competitividade nos seus mercados.
Algunhas das actividades a desenvolver son:
- Análise do entorno actual das cooperativas
- Análise de necesidades de formación e desenvolvemento de cursos proxecto.
- Asesoría sobre liñas de financiamento. Análise e seguemento de axudas autonómias e ou nacionais.
- Asesoramento na selección de cooperativas ou redes de cooperativas
- Asesoría de proxectos. Asistencia técnica na preparación e presentación de candidaturas de proxectos.
- Apoio na consolidación de equipos de traballo de I+D+i
- Desenvolvemento do proxecto
- Asesoría en materia de transferencia de tecnoloxía.
- Todas aquelas accións identificadas polas redes de cooperación que no seu seo sexan consideradas necesarias ou de alto interese e sempre que se dispoña de recursos axeitados para realizalas.