|
Obxetivos dos Talleres:
- Axudar á consolidación de empresas que aínda non leven, como referencia media, 42 meses no mercado.
- Proporcionar aos asistentes unha visión atinada das causas da súa actual situación financeira, axudándolles a facer un o seu diagnóstico.
- Achegar aos responsables de finanzas das PYMES galegas algunhas técnicas e ferramentas utilizadas polas grandes empresas tanto no ámbito da planificación coma no da xestión financeiras.
- Esas técnicas pódense definir como innovadoras no ámbito das PYMES, aínda que non a sexan tanto no das grandes empresas.
- Determinar as necesidades financeiras das empresas asistentes e repasar as principais opcións financeiras actualmente ao seu alcance.
- Orientar sobre as principais pautas a considerar na xestión diaria do fondo de manobra
Axudar aos asistentes a preparar e enfocar axeitadamente a negociación coas entidades financeiras.
Metodoloxía:
Este taller formulouse para que os asistentes traballen cos estados financeiros das súas propias empresas e poidan levar Diagnósticos, Presupostos e Balances e Contas de Resultados Banco-Empresa reais e útiles para a súa empresa.
- Foi moi participativo e práctico, de forma que os contidos teóricos só serviron para dar consistencia e coherencia aos traballos que os asistentes desenvolveron ao longo do taller.
- As asistentas traballaron fóra da clase e realizaron as súas tarefas entre sesión e sesión.
- A confidencialidade da información estivo garantida, posto que con esa información só traballou o propio asistente.
- Formuláronse dúas sesións de titoría, dunha hora cada unha, para discutir individualmente as conclusións do diagnóstico e os presupostos elaborados.
Máis información
|