O Plan estratéxico para o cooperativismo vén facer realidade a aposta da Administración autonómica polo emprego de calidade, así como pola promoción do espírito emprendedor. O Goberno galego quere deste xeito incorporar os valores que impregnaban a primeira Lei de cooperativas de España, nacida xa nun marco de liberdades, e que establecía no seu preámbulo que os progresos da cooperación teñen que ser fundamentalmente obra dos cooperadores mesmos, correspondéndolles aos poderes públicos a tarefa de fomento e, sobre todo, da apertura das canles axeitadas para que ese progreso se produza sen atrancos innecesarios.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| plan20estratexicocompleto.pdf | 1.86 MB |
| planestratexicocooperativismo.pdf | 3.42 MB |