Obxectivos

61 O obxecto do presente proxecto é realizar actividades de promoción do cooperativismo mediante o impulso da investigación, do desenvolvemento tecnolóxico e da innovación e dinamización de redes.

Os principais obxectivos do proxecto poden resumirse a continuación:


  • Coñecer as actuacións postas en práctica dende a Dirección Xeral de Relacións Laborais.
  • Coñecer os distintos mecanismos de axuda no financiamento de proxectos de I+D e innovación.
  • Establecer grupos de traballo para fomentar o impulso de redes colaborativas de I+D+I nas cooperativas e desenvolvemento de proxectos de forma conxunta.
  • Dar a coñecer as novidades en temas de I+D+I que afrontan as cooperativas.
  • Debater e dar a coñecer experiencias prácticas de I+D+I nas cooperativas galegas.
  • Aclarar todas as dúbidas que os membros das cooperativas teñan en relación coa investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.