O inicio do curso "O ciclo de vida dun proxecto de I+D+i" terá lugar o xoves 19 de xaneiro

19/01/2012 - 09/02/2012

O inicio do curso "O ciclo de vida dun proxecto de I+D+i" terá lugar o xoves 19 de xaneiro

O xoves 19 de xaneiro, no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela, terá lugar a primeira xornada presencial do curso do programa de formación I+Coopera titulado  "O ciclo de vida dun proxecto de I+D+i".

Este curso ten como obxectivo ensinar aos participantes a elaborar un proxecto de innovación, pasando por distintas etapas (ciclo de vida do proxecto) que vai desde a xeración da idea á súa posterior explotación.

Contido do curso:

a.      Analise e selección de ideas de I+D+i

b.      Proxecto de I+D+i           

a.      Ciclo de vida do proxecto          

b.      Procesos para a dirección do proxecto 

i.      Definición ou Iniciación 

ii.      Planificación       

iii.      Execución

iv.      Seguimento e control de proxecto        

v.      Peche de proxecto         

c.       Os resultados do proxecto         

d.      Protección y explotación de resultados 

a.      Protección de resultados

i.      As patentes         

b.      Explotación comercial de resultados    

c.       Transferencia de tecnoloxía   

 

Características do curso

Este curso está englobado no bloque de accións formativas específicas en materia de I+D+i. As características dos cursos son as seguintes:

  • Cada curso estará destinado ata un máximo de 100 alumnos por curso, no seu formato presencial, e sen límite no seu aspecto on-line.
  • Os cursos serán realizados en formato blended-learning, combinando a formación presencial coa formación on-line.
    • Dúas sesións presenciais (inicio e peche do curso)
    • O resto de horas formativas en formato online.
  • Cada curso será de 40 horas lectivas, que se dividirá da seguinte forma:
    • 8 horas presenciais (en dúas sesións formativas). Estas sesións presencias contarán con expertos pertencentes ao Sistema Galego de Innovación, para fomentar o contacto das cooperativas co mesmo.
    • 32 horas restantes complementaranse a través da formación on-line, sendo a Web www.innovacióncooperativas.com o sitio onde se impartiría. Ademais, realizarase un banner de acceso dende a Web do Consello Galego de Cooperativas (www.cooperativasdegalicia.com)

Máis información