Lanzamento da Rede de Intecooperación "TICs NO ENSINO"

23/12/2011

Lanzamento da Rede de Intecooperación "TICs NO ENSINO"

A rede TICs no ensino está dirixida a cooperativas de ensino, de traballo asociado e aquelas cooperativas que realizan actividades de formación. A primeira reunión da Rede de TICs terá lugar en Vigo o 23 de Decembro.

A misión da Rede Temática e crear un foro de discusión estable para poñer en contacto a cooperativas e a outras empresas, grupos de investigación ou centros tecnolóxicos, etc. interesados en promover as TICS NO ENSINO con diversas finalidades:

  • RELACIONAL: Poñer en relación as cooperativas do ensino con outras empresas e entidades interesadas neste temática
  • INFORMATIVA E DE REFLEXIÓN: Analizar problemáticas comúns, compartir información e establecer posicións comúns.
  • IMPULSO DE PROXECTOS: Potenciar a cooperación entre os participantes, valorando ideas de proxectos de I+D+i de interese entre os participantes.

De acordo coas finalidades da rede apuntadas e coas problemáticas e necesidades das cooperativas do ensino, os obxectivos concretos serían:

  • Crear un marco de relación entre o sector do ensino cooperativo e outros sectores como é o TIC e o editorial.
  • Manter un foro de relación que permita analizar a situación actual e as problemáticas en canto a incorporación ou implementación das TIC no ensino.
  • Identificar axentes con capacidades e experiencia para poder definir e levar a cabo proxectos que aborden as problemáticas detectadas.
  • Concretar posibles proxectos, ben entre todos os participantes ou ben so por unha parte deles.

Se eres unha cooperativa de ensino e queres participar nesta rede non dubides en contactar co programa I+Coopera:

  1. Teléfono: 981 558008
  2. Correo electrónico: info@innovacioncooperativas.com

Para máis información pique aquí