Lanzamento da Rede de Intecooperación de Valorización de Residuos Agrogandeiros

02/12/2011 - 19/12/2011

Lanzamento da Rede de Intecooperación de Valorización de Residuos Agrogandeiros

O obxectivo da Rede de Valorización de Residuos Agrarios é o de analizar problemáticas comúns e solucións aos sectores vinícola e hortícola, no relativo á xestión dos residuos orgánicos, fundamentalmente plantas e restos de plantas.
Preténdese por en contacto a Cooperativas que teñen na súa cadea de valor este problema e xuntalos con organizacións adicadas ó aproveitamento destes residuos como inputs no seu proceso de valor ou ben como base dos proxectos tecnolóxicos. 

Como obxectivos concretos destacamos:

  1. Analizar a situación actual e problemáticas das Cooperativas respecto aos residuos agrarios.
  2. Identificar posibles proxectos de innovación tecnolóxica a raíz do análise dos problemas.
  3. Crear unha Rede estable de Cooperación na creación de valor para residuos orgánicos.

Se quere participar nesta rede non dubides en contactar co programa I+Coopera:

 

  1. Teléfono: 981 558008
  2. Correo electrónico: info@innovacioncooperativas.com