Estudo comparativo de evolución da I+D+i
Dentro deste estudo realizarase unha labor de benchmarking a nivel galego, estatal e internacional, sobre a evolución da I+D+i nos sectores ou áreas de actividade, como mínimo, correspondetes ás redes colaborativas e aos proxectos de innovación que se levarán acabo ao abeiro do presente proxecto.
Este estudo debe realizarse dende unha perspectiva amplia, contemplando os principais indicadores de innovación nos sectores estudados.
Como adianto dos posibles sectores de estudo pódese analizar o peso das cooperativas dentro do tecido empresarial de Galicia. Dentro de cada macrosector pode haber sectores con maior peso na innovación.
- Cooperativas agroalimentarias.
- Cooperativas de traballo asociado e servizos.
- Cooperativas de ensino.
- Cooperativas do Mar.
Publicación: Proximamente
Catálogo de experiencias piloto de innovación nas cooperativas galegas
Realizar e divulgar de seis casos de boas prácticas de innovación nas cooperativas galegas, e a divulgación dos seis casos prácticos realizados ao abeiro dos anteriores proxectos de fomento da innovación nas cooperativas realizado pola Consellería de Traballo e Benestar. En total, divulgaranse doce casos de boas prácticas de innovación nas cooperativas galegas. Esta divulgación realizarase a través de publicacións específicas en formato papel e na web.
A finalidade destes casos prácticos é facer ver as oportunidades e experiencias doutras cooperativas a modo de exemplo.
De cara a realización do catálogo de casos prácticos de innovación estableceranse as seguintes fases:
- Detección de posibles candidatos que realizaron innovación.
- Guión de entrevista.
- Recepción e tratamento da información.
- Redacción.
Publicación: Proximamente
Guía de factores limitantes da xeración da innovación nas cooperativas: ferramentas de implantación da cultura innovadora na organización
Elaboración dunha Guía dos factores limitantes da xeración da Innovación nas cooperativas, no cal se identifiquen estes factores e se expliquen unha serie de ferramentas para conseguir implementar a cultura innovadora dentro da organización.
Publicación: Proximamente