Curso 6: As TICs como ferramentas de soporte á innovación

Na actualidade as Tics son ferramentas básicas de soporte á innovación. Este curso pretende amosar as distintas ferramentas que poden ser de utilidade na xestión da innovación nas empresas.
do 29/03/2012 ao 26/04/2012
do 26/09/2011 ao 28/03/2012

Na actualidade as Tics son ferramentas básicas de soporte á innovación. Este curso pretende amosar as distintas ferramentas que poden ser de utilidade na xestión da innovación nas empresas.

Contido do curso:

a.      O papel das TICs como motor do cambio nas organizacións.

b.      A implantación dos ERPs (Sistemas de Xestión Integrados).

c.       A revolución de Internet.

d.      Marketing en Internet e catálogos electrónicos de produtos.

e.      Aplicacións de CRM.

f.        Aplicación de CEM.

g.      Ferramentas de “Business Intelligence”.

 

Características do curso:

Este curso está englobado no bloque de accións formativas específicas en materia de I+D+i. As características dos cursos son as seguintes:

  • Cada curso estará destinado ata un máximo de 100 alumnos por curso, no seu formato presencial, e sen límite no seu aspecto on-line.
  • Os cursos serán realizados en formato blended-learning, combinando a formación presencial coa formación on-line.
    • Dúas sesións presenciais (inicio e peche do curso)
    • O resto de horas formativas en formato online.
  • Cada curso será de 40 horas lectivas, que se dividirá da seguinte forma:
    • 8 horas presenciais (en dúas sesións formativas). Estas sesións presencias contarán con expertos pertencentes ao Sistema Galego de Innovación, para fomentar o contacto das cooperativas co mesmo.
    • 32 horas restantes complementaranse a través da formación on-line, sendo a Web www.innovacióncooperativas.com o sitio onde se impartiría. Ademais, realizarase un banner de acceso dende a Web do Consello Galego de Cooperativas (www.cooperativasdegalicia.com)