Curso 4: O ciclo de vida dun proxecto de I+D+i

Este curso ten como obxectivo ensinar aos participantes a elaborar un proxecto de innovación, pasando por distintas etapas (ciclo de vida do proxecto) que vai desde a xeración da idea á súa posterior explotación.
do 20/01/2012 ao 10/02/2012
do 25/09/2011 ao 19/01/2012

Este curso ten como obxectivo ensinar aos participantes a elaborar un proxecto de innovación, pasando por distintas etapas (ciclo de vida do proxecto) que vai desde a xeración da idea á súa posterior explotación.

Contido do curso:

a.      Analise e selección de ideas de I+D+i

b.      Proxecto de I+D+i           

a.      Ciclo de vida do proxecto          

b.      Procesos para a dirección do proxecto 

i.      Definición ou Iniciación 

ii.      Planificación       

iii.      Execución

iv.      Seguimento e control de proxecto        

v.      Peche de proxecto         

c.       Os resultados do proxecto         

d.      Protección y explotación de resultados 

a.      Protección de resultados

i.      As patentes         

b.      Explotación comercial de resultados    

c.       Transferencia de tecnoloxía      

 

Características do curso:

Este curso está englobado no bloque de accións formativas específicas en materia de I+D+i. As características dos cursos son as seguintes:

  • Cada curso estará destinado ata un máximo de 100 alumnos por curso, no seu formato presencial, e sen límite no seu aspecto on-line.
  • Os cursos serán realizados en formato blended-learning, combinando a formación presencial coa formación on-line.
    • Dúas sesións presenciais (inicio e peche do curso)
    • O resto de horas formativas en formato online.
  • Cada curso será de 40 horas lectivas, que se dividirá da seguinte forma:
    • 8 horas presenciais (en dúas sesións formativas). Estas sesións presencias contarán con expertos pertencentes ao Sistema Galego de Innovación, para fomentar o contacto das cooperativas co mesmo.
    • 32 horas restantes complementaranse a través da formación on-line, sendo a Web www.innovacióncooperativas.com o sitio onde se impartiría. Ademais, realizarase un banner de acceso dende a Web do Consello Galego de Cooperativas (www.cooperativasdegalicia.com)