Curso 3: A xestión da innovación segundo a Norma UNE 166002:2006

Este curso pretende dar a coñecer os obxectivos e beneficios da normalización da actividade de I+D+i nas organizacións así como as características das actividades e ferramentas de I+D+i requiridas pola norma.
do 02/12/2011 ao 23/12/2011
do 20/09/2011 ao 01/12/2011

Este curso pretende dar a coñecer os obxectivos e beneficios da normalización da actividade de I+D+i nas organizacións así como as características das actividades e ferramentas de I+D+i requiridas pola norma.
Contido do curso:

a.      A unidade de I+D+i segundo a norma une 166002:2006          

b.      Responsabilidade da alta dirección no desenvolvemento das actividades de I+D+i

c.       A xestión dos recursos    

d.      Xeración, selección e valoración de ideas        

e.      Detección de ameazas e oportunidades

f.        Identificación de debilidades e fortalezas         

g.      Analise e selección de ideas de I+D+i

h.      Proxecto de I+D+i           

i.        Planificación, seguimento e control da carteira de proxectos 

j.        Os resultados do proxecto         

k.       Protección y explotación de resultados 

l.       Medición, análise e mellora

 

Características do curso:

Este curso está englobado no bloque de accións formativas específicas en materia de I+D+i. As características dos cursos son as seguintes:

  • Cada curso estará destinado ata un máximo de 100 alumnos por curso, no seu formato presencial, e sen límite no seu aspecto on-line.
  • Os cursos serán realizados en formato blended-learning, combinando a formación presencial coa formación on-line.
    • Dúas sesións presenciais (inicio e peche do curso)
    • O resto de horas formativas en formato online.
  • Cada curso será de 40 horas lectivas, que se dividirá da seguinte forma:
    • 8 horas presenciais (en dúas sesións formativas). Estas sesións presencias contarán con expertos pertencentes ao Sistema Galego de Innovación, para fomentar o contacto das cooperativas co mesmo.
    • 32 horas restantes complementaranse a través da formación on-line, sendo a Web www.innovacióncooperativas.com o sitio onde se impartiría. Ademais, realizarase un banner de acceso dende a Web do Consello Galego de Cooperativas (www.cooperativasdegalicia.com)