Curso 1: Implantación da cultura innovadora na cooperativa

O obxectivo deste curso é coñecer e analizar a importancia que ten a innovación para poder competir na nova economía global.
do 08/10/2011 ao 28/10/2011
do 21/09/2011 ao 07/10/2011

Programa da 1ª Xornada Presencial do Curso: Implantación da cultura innovadora na cooperativa

Con este primeiro curso preténdese que o alumno comprenda o papel que xoga a innovación nuns mercados cada vez máis competitivos e cambiantes onde xa non vale con observar e imitar o que fan os competidores. A innovacion é a base do éxito nesta nova economía global.
Contido do curso:

Tema 1: A innovación na sociedade da información
Este primeiro tema describe a situación común dos mercados actuais: mercados hipercompetitivos, clientes cada vez máis esixentes, contornas cambiantes, ... así como os cambios que as empresas están a experimentar para adaptarse a esta nova economía global.
Situación de España no ámbito da innovación

  • A innovación na Economía Dixital
  • Cambio nas regras de xogo
  • Mercadotecnia máis centrada nas necesidades

Tema 2: Características dos proxectos de innovación

Neste segundo tema trátase de explicar en que consiste a innovación, que é innovar, como facelo, que tipos de innovación existen, etc. Ademais búscase que o alumno teña claro as diferenzas entre investigación, desenvolvemento, innovación e invención, e que se dean conta que eles mesmos son fonte de innovación da súa empresa.

  • Tipoloxía da innovación
  • Innovación fronte a invención
  • Empregados fonte de innovación da empresa

Tema 3: A creatividade e a innovación

Hoxe en día a globalización fai que vivamos en mercados altamente saturados. Por iso ofértanse produtos e servizos idénticos que obrigan ás empresas a ser cada vez máis diferentes. Por medio deste  tema búscase introducir a creatividade como un elemento necesario na innovación, destacando a necesidade de comezar a desenvolver a nosa creatividade como primeiro paso para diferenciarnos dos nosos competidores.

  • Concepto
  • Os segredos da creatividade
  • Barreiras do pensamento creativo

Tema 4: A xestión da innovación para a empresa

O alumno debe comprender que xestionar a innovación dunha forma adecuada é a clave do éxito. Por iso descríbese dunha forma clara e concreta en que consiste o ciclo de innovación, que ferramentas existen para levar unha xestión eficiente, a importancia da contorna...

  • A xestión da innovación
  • ¿Cómo innovo? Da teoría á práctica
  • Ferramentas de xestión da información
  • Coñece a contorna ¿Quen pode axudarme?
  • Financiamento da innovación
  • Protección da innovación

Características do curso:

Este curso está englobado no bloque de accións formativas específicas en materia de I+D+i. As características dos cursos son as seguintes:

  • Cada curso estará destinado ata un máximo de 100 alumnos por curso, no seu formato presencial, e sen límite no seu aspecto on-line.
  • Os cursos serán realizados en formato blended-learning, combinando a formación presencial coa formación on-line.
    • Dúas sesións presenciais (inicio e peche do curso)
    • O resto de horas formativas en formato online.
  • Cada curso será de 40 horas lectivas, que se dividirá da seguinte forma:
    • 8 horas presenciais (en dúas sesións formativas). Estas sesións presencias contarán con expertos pertencentes ao Sistema Galego de Innovación, para fomentar o contacto das cooperativas co mesmo.
    • 32 horas restantes complementaranse a través da formación on-line, sendo a Web www.innovacióncooperativas.com o sitio onde se impartiría. Ademais, realizarase un banner de acceso dende a Web do Consello Galego de Cooperativas (www.cooperativasdegalicia.com)