Investigación, desenvolvemento e innovación nas cooperativas galegas

  Dirección Xeral de Relacións Laborais Xacobeo


O proxecto

A I+d+I
Promotor
Obxectivos
Actividades
Enquisa
Destinatarios/as
Documentación
Cursos e-learning
Casos de éxito
Actualidade
 

Actividades a desenvolver no proxecto I+D+I

As actuacións estrutúranse en catro fases:

  • FASE 1. Divulgación, formación, dinamización e asesoramento permanente
  • FASE 2. Apoio singularizado ao desenvolvemento de programas de I+D+i nas cooperativas galegas, a través do acompañamento e titorización de proxectos de I+D+i.
  • FASE 3. Estudos e publicacións en materia de I+D+i.
  • FASE 4. Difusión de resultados.

 

Con maior desglose as actividades de cada fase son as seguintes:


FASE 1:


• Desenvolvemento de 4 accións formativas sobre a Xestión de innovación, específicamente orientado ás cooperativas, e un asesoramento técnico permanente.

• Potenciar e dinamizar Redes de intercooperación en materia de I+D+i nas temáticas de interese para as cooperativas, e fomentando o contacto entre as propias cooperativas e o Sistema Galego de Innovación.

FASE 2:


• Posta en marcha dun Programa de Titorización para as cooperativas galegas, de xeito que sexa un proceso de formación/asesoría activa que proporcione ás cooperativas un apoio para consolidar equipos de persoas capacitadas para a xestión da I+D+i, e dar asistencia técnica para conformar  proxectos innovadores.

 FASE 3:


•Realizarase un Estudo de Benchmarking  que aporte información sobre novas oportunidades de mellora que poidan aproveitar as cooperativas, para darlle un apoio completo e soporte ás cooperativas.

• Presentación e divulgación de exemplos de casos de boas prácticas nos sectores cooperativistas, que sirvan de referente na execuciòn de actividades de I+D+i.

FASE 4:

• Realizarase unha xornada de presentación e difusión de resultados do  presente proxecto , na cal se convidará as cooperativas a participar mediante áreas de debate relacionadas coas redes de intercooperación.

• Elaboración e publicación dun informe resumo sobre os resultados do proxecto que será divulgado entre as cooperativas.

 

 
Consello Galego de Cooperativas Consello Galego de Relacións Laborais
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Relacións Laborais.
Rúa San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela
Aviso legal | Suxestións
info@innovacioncooperativas.com